DIDÁCTICA - TEMA 3

 Ola a todo o mundo!

 

Nesta nova entrada falarei do Tema 3 da materia Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, na que afondamos en actividades de expresión, interacción e mediación oral e escrita, así como en actividades de comprensión oral e escrita. 

 

O concepto máis novidoso tratado neste tema foi o de mediación. A mediación, segundo o Companion Volume do MCER (2020), pretende que o alumnado actúe como un axente social creando pontes e transformando o significado para que dúas partes se poidan comunicar. Isto pode acontecer tanto dentro da mesma lingua como entre dúas linguas diferentes. Para asentar este novo concepto e os que veñen con el, fixemos na aula un pequeno glosario que incluía as definición de mediación, plurilingüismo, enfoque orientado á acción, e co-construción do significado. Ao noso grupo tocounos definir este último, que definimos como a estimulación e desenvolvemento das ideas de forma cooperativa como membro dun grupo. É preciso destacar a importancia do factor colaborativo á hora de resolver problemas, facer chuvias de ideas, desenvolver conceptos e traballar en equipos. Para elaborar este glosario, axudámonos do MCER e do Companion Volume. A mediación, porén, é unha destreza novidosa no aprendizaxe de linguas, e considéranse que hai catro modos de comunicación: comprensión, expresión, interacción e mediación. O enfoque máis recente da mediación pódese atopar no Companion Volume, que introduce unha perspectiva máis ampla e inclusiva deste tipo de actividades na súa última edición de 2020. Considérase que hai tres tipos de mediación:

  • Mediación textual, que consiste en reformular textos escritos 
  • Mediación conceptual, no que intervén a co-construción do significado e pretende facilitar os procesos cognitivos
  • Mediación social, que ten como finalidade resolver conflitos culturais

 

Estes tipos de actividades pódense dar tanto dentro da mesma lingua (intra-lingüística), como entre dúas linguas diferentes. Esta é unha das principais diferenzas entre mediación e interpretación (que sería simplemente a tradución oral dun texto). Con frecuencia, estes dous conceptos confúndense e no que pensamos principalmente cando falamos de mediación é nesta especie de «interpretación» entre dúas linguas ou culturas, mais a mediación tamén pode ser explicarlle a alguén os resultados dunha gráfica, ou mesmo explicarlle a un compañeiro ou compañeira as instrucións do docente se non as entendeu. Porén, o principal obxectivo da mediación, sexa do tipo que sexa, é que a mensaxe se adapte ao receptor e que poida entendela, polo que, ás veces, unha simple tradución non é suficiente, e hai que adaptarse á cultura ou capacidade cognitiva de quen recibe a mensaxe. Neste senso, a mediación é moi ampla e permite a realización de diversas actividades na aula.  Segundo o nivel de lingua estranxeira que esteamos ensinando, teremos que plantexar diferentes actividades de mediación e, de feito, en niveis moi baixos (como A1 ou A2), algunhas actividades nin sequera se contemplan, xa que para levar a cabo unha destas actividades hai que ter asentadas as destrezas de comprensión, expresión e interacción, xa que todas se utilizan na mediación.


Para rematar este tema de mediación, fixemos unha actividade de mediación por grupos seguindo as indicacións de como introducir a mediación na aula: cambiar de rexistros, fomentar o traballo en grupo, introducir o plurilingüismo e pluriculturalismo, etc. Ademais, analizamos 6 actividades de mediación xa existentes para identificar de que tipo de actividade de mediación se trataba (escrita/oral, obxectivos, nivel, etc.).


Fonte: diference.net


A continuación, adentrámonos nas actividades de comprensión oral e escrita, que xa nos resultaban moito máis familiares. O ideal é que este tipo de actividades sempre conten con dúas partes: unha primeira na que se faga una escoita/lectura extensiva (na que simplemente se fagan unha idea de que vai o texto/audio de maneira xenérica), e despois unha escoita/lectura intensiva (na que se teñan que fixar en detalles ou información máis concreta). Tamén aquí realizamos por grupos unha actividade de comprensión oral. A do noso grupo, que se pode ver aquí, consiste na escoita e posterior resposta a varias preguntas sobre un vídeo en inglés do Xacobeo 2021. Propuxemos actividades de pre-escoita, primeira escoita e segunda escoita. 


 Finalmente, e para rematar este tema, tratamos as actividades de expresión e interacción oral e escrita. En canto ás últimas, normalmente consumen moito tempo como para seren realizadas na clase (especialmente se son longas e/ou requiren algo de investigación por parte do alumnado). No noso minigrupo, como actividade para realizar na clase, propuxemos a redacción dun correo electrónico, que se planteará na aula mais se redactará na casa. O espazo na aula debería deixarse máis para actividades de expresión oral, xa que están nun ambiente no que se poden comunicar cos seus compañeiros e compañeiras, así como o/a docente, na lingua estranxeira e recibir feedback inmediato, o que os fará mellorar pouco a pouco e é algo que seguramente non poidan practicar na casa. 

 

Como conclusión, pareceume moi interesante este tema especialmente pola introdución das actividades de mediación, que persoalmente non vivimos na nosa etapa escolar e que penso que son unha metodoloxía moi novidosa e interesante para o alumnado. Ademais, o feito de podermos experimentar realizando as nosas propias actividades e recibir feedback construtivo por parte da docente é algo que apreciamos moito xa que nos axuda a mellorar e a elaborar actividades axeitadas a cada momento e nivel escolar.

Comentarios

  1. Ola Ana!

    Parabéns por esta entrada tan completa sobre os contidos e actividades prácticas que levamos a cabo durante as sesións dedicadas a este tema 3. Moi interesante a matización que realizaches entre os termos de mediación e interpretación, que adoitan ser tratados como sinónimos cando non é así. Concordo contigo en que foi súper interesante poder afondar nas actividades de mediación, a súa tipoloxía, propósitos comunicativos, etc. e traballar de forma práctica e colaborativa na creación deste tipo de actividades que quizais non sexan tan habituais nas aulas, polo menos na miña época como estudante de Secundaria! O certo é que a as tarefas de mediación implican á súa vez o traballo dos outros tres modos de comunicación que sinala o Companion Volume (comprensión, expresión e interacción) polo que penso que ter aprendido como deseñar estas actividades de forma correcta resultaranos moi útil de cara ao noso período de prácticas e futuro como docentes de linguas estranxeiras.

    Unha aperta!😊

    ResponderEliminar
  2. ¡Hola, Ana!
    Felicidades por tu entrada, está genial. Creo que explicas muy bien el concepto de mediación y me gusta que te hayas detenido un poco en los distintos tipos, porque en clase los vimos rápidamente y ahora después de leer tu texto me quedaron más claros.
    También me gusta mucho la actividad que habéis hecho para la comprensión oral, es muy detallada. Sobre todo, me quedo con la idea de hacer distintos ejercicios para cada repetición del audio, creo que puede ayudar a que los alumnos mantengan más la atención y se tengan que fijar en distintos detalles.
    Por último, coincido totalmente contigo en que, en general, es mejor aprovechar las clases para trabajar la comunicación oral y que la escrita es algo que pueden hacer en casa.
    Un saludo :)
    Ana

    ResponderEliminar
  3. ¡Hola Ana!
    Primero de todo, enhorabuena por tu entrada, creo que está muy completa y has ido explicando muy bien las diferentes partes del tema y los conceptos.
    Considero que con este tema hemos podido profundizar y conocer mejor la mediación, especialmente para saber diferenciarlo de la interpretación (que yo hasta que lo dimos en clase pensaba que era casi lo mismo), y creo que las actividades también nos han ayudado a ver cómo podríamos implementarlo en una clase de forma real, algo muy importante en la motivación del alumnado. Aún así, creo que a mí todavía me queda mucho por aprender para poder hacer un buen uso de esta, especialmente con la creciente importancia que está teniendo en la actualidad.
    Por otro lado, me gustaría decirte que estoy completamente de acuerdo contigo en dedicar el mayor tiempo de clase posible a la interacción oral. En mi experiencia en secundaria, casi no dedicábamos nada de tiempo al speaking, poco más que intercambiar un par de frases con el/la compañero/a de al lado; y en bachiller, este tiempo se redujo a nada porque estábamos 'demasiado centrados' en Selectividad, y ahí no hay parte oral.
    Me da pena que pasemos tantas horas estudiando un idioma y que después de tantos años, salgamos del instituto sin ser capaces de entablar una conversación y, por supuesto, con inseguridad al hacerlo porque no nos han acostumbrado. Desde luego, como docente, será una de mis prioridades, especialmente haciendo sentir cómodo al alumnado, y que vean que saben más de lo que creen y que si se equivocan ¡es porque están aprendiendo!
    ¡Un saludo!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares