DIDÁCTICA - TEMA 1
Benvidos todos e todas de novo!
Nesta entrada falarei do primeiro tema da materia Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, titulado Situacións e variábeis de ensino das linguas estranxeiras. Este tema desenvolveuse durante dúas sesións, nas que se trataron contidos teóricos que despois se puxeron en práctica.
Na primeira sesión, abordamos a aprendizaxe de linguas estranxeiras segundo o contexto de adquisición, o que da lugar a tres tipos de linguas: lingua inicial, lingua segunda e lingua estranxeira. A lingua inicial sería aquela que aprendemos ao nacer (que normalmente se coñece como lingua materna); a segunda sería aquela que se aprende na escola ou no fogar mais que non é a lingua inicial; e finalmente a lingua estranxeira é aquela que se aprende exclusivamente no contexto escolar para un fin específico. Porén, estas linguas non están sempre completamente diferenciadas no falante, xa que moitas veces é difícil discernir a lingua inicial da lingua segunda. Por exemplo, no caso do galego e o castelán para persoas que viven en Galicia, en moitos casos é imposible diferenciar se a lingua inicial é unha ou outra. De feito, o concepto de lingua segunda non adoita utilizarse no ensino secundario. Para exemplificar e traballar estes conceptos, utilizamos na aula un Diagrama de Venn que fixemos en conxunto. A modo de conclusións, principalmente acordamos que todas as linguas que se coñecen melloran co uso e teñen como finalidade comunicarse.
Diagrama de Venn. Fonte: Wikipedia
Tamén nesta sesión clasificamos as linguas segundo o contexto de uso, que dá lugar a lingua habitual, lingua de traballo e lingua vehicular. Para internalizar estes tres conceptos, fixemos una actividade en mini grupos empregando un placemat. A pesares de que estes conceptos poden parecer relativamente sinxelos, nalgunhas ocasións é difícil diferencias entre estes tres tipos de linguas. Con todo, finalmente por cada exemplo tiñamos que poñernos de acordo e introducir na parte central do placemat a conclusión á que chegamos. Para concluír, fixemos unha posta en común con toda a clase.
Na segunda sesión que adicamos a este tema, tratamos o tema do repertorio lingüístico, diferenciando entre comunidade lingüística (que é aquela comunidade de falantes que comparten unha lingua de base) e comunidade de lingua (comunidade de falantes que comparten o coñecemento e uso dunha lingua distinta á de base). Ás veces resulta claro diferenciar entre estes dous conceptos, pero por exemplo no caso dos compañeiros do noso grupo, con algúns compartirei comunidade lingüística (con galegos que teñan como lingua inicial castelán e galego) e comunidade de lingua (con aqueles que estean aprendendo inglés como unha lingua estranxeira), mais con compañeiros e compañeiras de fóra de Galicia xa non compartirei esta comunidade lingüística. Para coñecer o repertorio lingüístico de toda a aula, fixemos unha táboa de repertorio en común que se pode ver aquí.
Para rematar esta sesión e, con ela, o primeiro tema da materia, falamos dos tipos de didáctica de linguas segundo o tipo de lingua que se ensina. Con isto, podemos diferenciar entre didáctica da lingua inicial, da lingua segunda e da lingua estranxeira. Ademais, cómpre tamén sinalar a ensinanza da lingua estranxeira como lingua precoz (como sería o caso dos young learners), e a ensinanza de lingua estranxeira para fins específicos. A modo de práctica fixemos unha actividade, de novo en mini grupos, na que tivemos que completar unha táboa de supostos co tipo de ensinanza que aplicaríamos en cada caso. Finalmente, puxemos a táboa en común e comentamos entre toda a clase o tipo de ensinanza por cada exemplo. Ademais, falamos tamén das metodoloxías denominadas CALL (Computer Assisted Language Learning), dentro das cales se inclúen as metodoloxías Blended, Flipped e Full-online. Na miña opinión, penso que hai uns anos viamos estas metodoloxías como algo que non se podería aplicar totalmente ás aulas e sobre todo, non en tódalas circunstancias (sobre todo a ensinanza completamente en liña ou full-online), mais neste último ano puidemos ver como sí que poden funcionar para todo tipo de ensinanza e en todos os ámbitos educativos. Esto foi tamén o que reflictimos na nosa táboa grupal, que se pode ver aquí.
Ola Ana! Gustoume moito a túa entrada, sobre todo a parte na que diferencias entre comunidade lingüística e comunidade de lingua porque o explicas dunha maneira moi clara. Quédome coa túa reflexión sobre o emprego das metodoloxías CALL nas aulas de secundarias. Comparto totalmente a túa visión de que hai un par de anos (e mesmo meses) nos parecería imposible que rapaces de secundaria puideran seguir as clases de maneira totalmente online sen a presenza física dun docente. Supoño que algo bo tiña que ter a pandemia e no eido da educación abriu moitas portas para a inclusión de novas metodoloxías e para a mellora das competencias coas TICs (mellora das plataformas e webs escolares, creación e modernización de campus en remoto etc.) tanto de docentes coma do alumnado. Penso que mesmo na educación superior puidemos experimentar algunhas destas vantaxes este curso escolar no que combinamos a semipresencialidade co full online.
ResponderEliminarUnha aperta!
¡Hola Ana! Me ha gustado mucho tu entrada donde has resumido perfectamente lo más destacado de estas dos sesiones.
ResponderEliminarCreo que este tema, aunque a priori parezca llena de muchos conceptos diferentes, es muy necesario a la hora de tener claros ciertos conceptos. Creo que todavía, a día de hoy, resulta difícil diferenciar entre varios de estos conceptos. De hecho, se suele confundir el aprendizaje de una segunda lengua con una lengua extranjera, teniendo en cuenta que el concepto de second language en inglés varía y no se emplea aquí. También me ha sorprendido bastante que no se haya llegado a un consenso de si el término de 'lengua materna' y 'lengua inicial' son sinónimos, ya que yo al menos siempre pensé que sí. Creo que tus ejemplos son bastante claros, así que te felicito por ello.
Por otra parte, creo que tanto el diagrama de Venn y el placemat, serían recursos muy interesantes para aplicar con nuestro futuro alumnado y trabajar así numerosas actividades. Realmente, es algo totalmente nuevo pero que puede ser de mucha utilidad tanto como para estipular diferencias entre por ejemplo, tiempos gramaticales (en caso del diagrama de Venn), como para practicar writing, listening, y speaking fundamentalmente con el placemat, partiendo por ejemplo, de unas preguntas como se nos formularon en clase.
Por otro lado, estoy totalmente de acuerdo contigo en tu reflexión sobre las metodologías online. Este año, hemos podido comprobar (un poco a la fuerza, debido al COVID), que la docencia online sí funciona. En parte, esta situación nos ha venido bien a la hora de mejorar nuestra habilidad con las TIC, y modernizar los recursos de los disponen las escuelas, institutos, universidades etc (el campus virtual, la plataforma etc).
¡Un fuerte abrazo!
Ola, Ana!
ResponderEliminarPenso que reflictes ben o que fixemos e como o fixemos. Pola miña banda foi un tema no cal me gustaría profundizar nalgún momento con máis calma, pero como base de ideas xerais creo que estivo bastante ben. A verdade é que ás veces non acabo de ver o por que de algunhas cousas ata que o penso ao cabo dun tempo, por exemplo, o repertorio lingüístico paréceme unha cousa que se pode facer na aula e que nos vai dar bastante información ao persoal docente para poder aproveitar os coñecementos do grupo ao máximo. Anteriormente, non o tería pensado!
Dígoche tamén que estou dacordo no que dis cara ao final sobre as clases en liña e tal. Despois de experimentalo en persoa, tanto como profesora hai uns meses e como alumna agora, vexo que hai moitísimas posibilidades para o ensino... pero hai que traballalas e explotalas. De poder escoller, a modalidade full-online non é a miña favorita, pero mesturada con partes presenciais, creo que é do mellor que hai dado o momento actual. Por exemplo, o que estamos a facer nós coas clases teóricas no campus remoto (que funciona de marabilla, para a miña sorpresa) e as prácticas, no posible, de xeito presencial.
Unha aperta!
Ola, Ana!
ResponderEliminarCoincido coas compañeiras felicitándote por esta entrada na que explicas moi ben o visto na aula. Explicas de forma moi clara todos os conceptos e iso agradécese. Ademais, estou moi de acordo coa túa reflexión sobre as metodoloxías CALL. Penso que é algo que hoxe en día podemos levar as aulas xa que vimos que funciona perfectamente, e deste xeito mellorar ademais as competencias TICs. Non podemos quedarnos atrás, non nos queda outra que modernizarnos e creo que esta metodoloxía vai acabar impoñéndose cada vez máis. Un saúdo!
Ola, Ana!
ResponderEliminarMoitas grazas pola túa entrada! Como as demais compañeiras, felicítote pola túa explicación dos conceptos do tema, pois están moi moi completos! Gústame moito tamén como exemplificas as cousas, coma no caso de comunidade lingüística e comunidade de lingua, xa que os conceptos quedan moi claros grazas ao teu exemplo propio. Ademais, concordo contigo na importancia que tivo este tema para a nosa formación e para sentar as bases da didáctica de linguas estranxeiras porque estudamos conceptos moi básicos pero tamén moi importantes :)
En canto á túa reflexión sobre as novas metodoloxías, tamén estou de acordo contigo. A pandemia fixo que nos tivésemos que adaptar a novas circunstancias e, no ámbito educativo, isto veu acompañado de clases completamente en liña. Se ben é certo que si, estas novas metodoloxías poden funcionar en todos os ámbitos educativos, espero que a modalidade online non chegase para quedarse, pois as clases presenciais para min sempre serán mellores porque permiten un contacto tanto co docente coma co resto dos compañeiros que as tecnoloxías non poderán igualar nunca.
Unha aperta,
Uxía
Ola Ana! Son Pablo Mouriño
ResponderEliminarPrimeiro, felicítote pola túa entrada do tema 1, o teu traballo é moi completo e pareceume moi interesante.
Foi especialmente interesante a túa reflexión sobre as metodoloxías coma o CALL, coma ben indicas, xurdían sempre moitas dúbidas sobre se era posible aplicar estas novas metodoloxías nas aulas e debido a pandemia moitas o moitos profesionais do ensino díronse comta de que é una opción viable e incluso beneficiosa nalgunhas circunstancias.
De novo, parabéns polo teu traballo, saúdos!