DIDÁCTICA - TEMA 11
Ola de novo!
Nesta nova entrada falarei do terceiro tema desta materia de didáctica, que trata sobre os tipos de avaliación na aula de linguas estranxeiras. En xeral, hai tres tipos de avaliación: inicial, formativa e sumativa. A avaliación inicial é unha proba diagnóstica que se realiza ao comezo da materia simplemente para ver que nivel de familiarización ten o alumnado cos contidos que se van tratar. A formativa é aquela que se leva a cabo durante o proceso de aprendizaxe, monitorizando a evolución do alumnado e o seu progreso. Por último, a avaliación sumativa é aquela que «suma» as avaliacións levadas a cabo durante o curso da meteria para poder dar unha cualificación final ou acreditar o nivel de idioma.
O tipo de avaliación que resulta máis difícil é, como podedes imaxinar, a formativa. Avaliar ao alumnado de forma continuada durante o proceso de aprendizaxe ten moitas vantaxes xa que permite ao alumnado recoñecer os seus puntos fortes e débiles para que o profesorado poida axudarlles con estes últimos. Hai diversos tipos de estratexias e instrumentos para levar a cabo unha avaliación formativa: observación, cuestionarios, diarios, rúbricas, etc. Este último, a rúbrica, é un elemento que nos axuda ao profesorado a avaliar ao noso alumnado, mais tamén os pode axudar a eles a ser responsables da súa propia aprendizaxe. O alumnado sempre debe coñecer a rúbrica co que se lle vai avaliar. Ademais, dentro da avaliación formativa podemos atopar outros tipos de avaliación na que o alumnado é o protagonista: autoavaliación e a coavaliación (inclúo ligazóns con vídeos da Universidade de Michigan no que explican en que consiste cada unha). A autoavaliación ten moitas vantaxes como que o alumnado se dea conta dos seus erros e do que ten que mellorar, mais tamén corre os risco de que isto non suceda, xa que ás veces ten que ser unha persoa externa a que che faga ver os teus erros, e aquí é onde entra a coavaliación. Persoalmente, a pesares de que algunha vez experimentara este tipo de avaliación na aula (compañeiros corrixindo exercicios doutros compañeiros), penso que se debería explotar máis este tipo de avaliación, xa que é beneficiosa tanto para o que corrixe como para o que recibe o feedback. Facer que o alumno teña que corrixir exercicios feitos por outros compañeiros (que idealmente se fará usando rúbricas), fai que non só teñan que saber os coñecementos (que está ben e que está mal), senón que tamén se teñan que poñer na pel do docente e ser capaces de dar feedback construtivo aos seus compañeiros e amigos. Penso que este tipo de avaliación é unha das máis importantes para o alumnado.
Como actividades prácticas para asentar todos estes conceptos, xuntámonos en varias ocasións en grupos pequenos para reflexionar sobre os tipos de avaliación, cando teñen lugar, que se avalía e quen o avalía en cada caso, cales son as súas vantaxes e desvantaxes, como dar feedback, e como elaborar rúbricas. Como actividade estrela deste tema, tivemos que elaborar unha rúbrica para avaliar a nosa actividade de mediación, definindo os seus criterios, escala de cualificacións e descricións. Elaborar unha rúbrica non é tan doado como parece, xa que moitas veces simplemente se elaboran escalas ou baremos que inclúen métodos cuantitativos e non descritivos. Por último, fixemos tamén unha reflexión sobre a incorporación da avaliación formativa nesta mesma actividade.
Outra cuestión moi importante neste tema de como avaliar, é como dar feedback. Polo xeral, estamos acostumados a que nos poñan unha nota ou cualificación nos nosos traballos, ou que corrixa o que está mal con bolígrafo vermello. Porén, a retroalimentación que se lle dea ao alumando pode ser moito máis beneficiosa se se fai de xeito descritivo en lugar de poñer unha nota. É dicir, en lugar de corrixir o que está mal, pódese simplemente sinalar para que o alumno reflexione sobre o que fallou, e posteriormente proporcionar unha descrición ou comentarios de como podería mellorar. De feito, Ruth Butler sinalou no seu estudo de 1988 que o alumnado ao que só se lle corrixía empregando comentarios en lugar de notas, conseguiu unha mellora significativa dos seus resultados. Ademais, persoalmente creo que psicoloxicamente é mellor afastarse do bolígrafo vermello para resaltar os erros, e simplemente corrixir cunha cor distinta á empregada (negro/azul).
Fonte: theredpen.in
En definitiva, este tema achegounos un pouco máis á avaliación do alumnado, especialmente a avaliación formativa, que moitos de nós non experimentamos na nosa etapa escolar, xa que simplemente se nos avaliaba con exames finais. Penso que é moi beneficioso para o alumnado poder monitorizar o seu progreso ao longo do curso xa que lles axudará a mellorar e os fará máis conscientes do seu propio proceso de aprendizaxe e o dos seus compañeiros.
¡Hola Ana! Me ha encantado tu entrada.
ResponderEliminarEn primer lugar, concuerdo contigo cuando dices que la evaluación formativa es la más difícil de implementar, pero a la par, es la más necesaria. Considero que una mejora en la educación tiene que ir de la mano con una mejora en la evaluación. ¿De qué sirve si no, instaurar metodologías activas y cooperativas, si el proceso evaluador es erróneo y el alumnado no le encuentra la utilidad a lo que están haciendo?
El proceso de evaluación, de no hacerse correctamente, deriva en que una parte del alumnado se estanque en su proceso de aprendizaje.
Como dices, el sistema de autoevaluación es bastante complicado, porque a veces por nosotros mismos no somos capaces de ver nuestros errores, por eso, apoyarse en un compañero es mucho más beneficioso.
Es verdad que alguna vez practicamos la coevaluación, pero de manera muy puntual, como dices, para corregir algún ejercicio a nuestros compañeros. Creo que debería de convertirse en un instrumento diario de evaluación, ya que poniendo al alumnado como protagonista del proceso evaluador, los hace más conscientes de los errores y aciertos.
Por otro lado, como comentas el feedback es vital para que el alumnado sea consciente de cómo mejorar, ya que una nota de por sí, no te ayuda a mejorar. En ese estudio de Ruth Butler que vimos en clase, pudimos comprobar como es mucho más beneficioso proporcionar al alumnado solamente comentarios, puesto que si también incluyes una nota, el alumnado solo se fijará en esto último.
Finalmente decir que las rúbricas son un instrumento súper valioso, y que en clase vimos la dificultad de elaborar una rúbrica, puesto que es muy difícil no caer en una escala de valoración.
¡Abrazo!
Boas, Ana:
ResponderEliminarUnha entrada que resume perfectamente todos os tema tocados na clase, perfecta! Gustaríame comentarte sobre o que dis da autoavaliación, pois ainda que estou de acordo cos teus razonamentos (é de certo importante que os estudantes saiban autoavaliar o traballo que fan e os progresos que logran), penso que o nivel de reflexión necesario para acadar bos resultados, moitas veces impide que as autoavaliacións sexan obxectivas. De feito, autoavaliarse é intrínsecamente subxectivo e eu teño medo de que os alumnos sexan ou moi indulxentes ou moi severos. De todos modos, como puidemos ver nos videos, penso que cunha puco práctica dende pequenos, é posible "entrenar" aos alumnos neste tipo de avaliación, para que saiban pensar dunha maneira máis achegada á realidade da aula.
Moitas grazas por este estupendo resumo, Ana!
Saúdos,
Paz
Ola, Ana, grazas por esta síntese sobre o tema 11 e polas túas reflexións!
ResponderEliminarEstou moi de acordo coa maioría dos teus apuntamentos ao respecto dos diferentes métodos de avaliación. Con todo, aínda son un pouco reticente ao emprego sistematizado da coavaliación no noso sistema educativo. Comentas que a coavaliación debería explotarse máis polos seus beneficios para a persoa que corrixe e para a que recibe o feeback. Isto mesmo foi o que concluímos logo de ver un vídeo na clase sobre o estudo da coavaliación levado a cabo no Canadá. No entanto, eu penso que implantar este tipo de avaliación nunha clase de Secundaria ou Bacharelato na actualidade non sería doado. Creo que, se ben podería chegar a ser unha estupenda ferramenta de avaliación, a coavaliación na actualidade non acadaría os resultados esperados. Non estou segura de que o alumnado no seu conxunto saiba a día de hoxe valorar a enorme utilidade da coavaliación. Dito isto, tamén considero que as cousas poderían evolucionar e mellorar se nós como docentes levamos a cabo un bo traballo de concienciación previa e ensinamos aos estudantes a ser críticos para poder empregar esta ferramenta de maneira proveitosa para a súa aprendizaxe. Requiriría tempo e esforzo, pero penso que só así sería posible sacar o proveito desexado do emprego da coavaliación nas materias de linguas estranxeiras.
Espero que esta reflexión miña che poida servir para seguir afondando neste tema tan complexo!
Unha aperta enorme,
Andrea
Ola, Ana!
ResponderEliminarMoitas grazas pola entrada, está todo moi claro! Gustoume que falaras do estudo de Ruth Butler, que, penso, chamou moito a atención na clase (polo menos no grupo 2). De feito vinme totalmente reflexado nos resultados e, de feito, antes de que Cristina nos ensinara o vídeo, xa comentara algo deste tema na aula. É incrible porque, ó final, o que ven a dicir o estudo é que por unha nota, o que levamos facendo toda a vida, é perxudicial para o rendemento. Eu creo que no momento que aparece unha nota, boa parte do alumnado (o meu 'eu' pasado de secundaria incluido) obvia os comentarios por completo. E se, como dis, aparece moito color vermello... xa é outro motivo de frustración. Penso que un bo feedback sempre será moito máis útil e produtivo que unha nota, como di o estudo. Un saúdo!
Boas, Ana! Unha entrada moi interesante, cunha síntese clara e concisa do que vimos nas clases. A mín tamén me pareceu moi interesante o estudo de Ruth Butler e chamoume a atención que os alumnos que máis progresasen fosen aqueles que recibiron só comentarios, xa que confeso que fun das que na clase votei pola opción de comentarios + nota :) É tremendamente difícil para moitos de nós concibir unha avaliación sen nota numérica, tristemente, e debo recoñecer que o meu primeiro impulso ó corrixir un traballo escrito e tirar de boli vermello. Persoalmente, interésame moito todo o relacionado coa psicoloxía e creo que é fundamental que as metodoloxías dos docentes se adapten ó funcionamento dos cerebros dos nenos e adolescentes. Recomendo moito o libro "El cerebro del niño explicado a los padres", do neuropsicólogo Álvaro Bilbao, que me fixo entender moito sobre como funciona a aprendizaxe dos nenos e nenas. De novo, grazas pola entrada e unha aperta!
ResponderEliminarOla, Ana!
ResponderEliminarParabéns por esta entrada tan esclarecedora e completa do traballado na aula. O estudo que mencionas é do máis interesante e deixa en descuberto non só o improductivo senón, incluso, o nocivo da calificación numérica. O feito de que sexamos fillos deste tipo de sistema de avaliación aínda fai que nos demos máis de conta dos efectos secundarios e das trabas que isto supón ao verdadeiro proceso de ensinanza-aprendizaxe, que debe empregar o feedback como método de aprendizaxe en sí e nunca como puntuador improductivo de tarefas e clasificador de alumnos. Outorgar comentarios en resposta a unha tarefa é un sistema xenial que poucas veces puiden experimentar, pero que sen dúbida fai que o feedback recibido funcione como un continuador do traballo e non como un punto e final. Tamén hei de confesar que, ao estar acostumados a ver unha nota, produce frustración e confusión non vela. A verdadeira revolución educativa debe ser meditada, fundamentada pero tamén conxunta. Espero que as novas xeracións aportemos un pouquiño para, entre todos, mudalo todo para mellor.
Unha aperta!
Ola, Ana!
ResponderEliminarFelicítote por saber resumir de forma tan detallada tódolos contidos que traballamos no tema 11. Estou moi dacordo contigo cando falas da necesidade de darle máis pulo á coavaliación ou avaliación entre compañeiros. Paréceme unha maneira moi dinámica de facer que os alumnos se den conta dos seus propios erros e saiban analizar de forma obxectiva o traballo dos seus compañeiros, para así intercambiar ideas sobre as diferentes formas que teñen eles de traballar os contidos. Por outro lado, na sesión pareceume moi interesante o estudo realizado por Ruth Butler sobre os resultados tan diferentes que se obteñen na aula cando ase avalía con comentarios detallados ou simplemente se reduce o desempeño do alumno a unha nota numérica, e gustoume que o inluíras na túa entrada.
Noraboa e un saúdo!