TEMA 4 - PRESENTACIÓN

Boas a todos o mundo!

Na última clase da materia As linguas estranxeiras no contexto español e internacional, cada un de nós fixo unha presentación sobre un tema da materia. No meu caso, escollín o plurilingüismo e pluriculturalismo na aula de linguas estranxeiras. Primeiro, empecei facendo definicións dalgúns termos importantes para este tema, a continuación falei da competencia plurilingüística e pluricultural segundo o MCER, sobre o Portfolio Europeo das Linguas (PEL), e sobre como traballar  a competencia pluricultural na aula de LE. Para finalizar, propuxen unha actividade para achegar o alumnado a culturas estranxeiras.

A modo de conclusión, podería dicirse que o Marco defende o uso dunha soa competencia plurilingüística e a usar todas as competencias que temos nas diferentes linguas. Ademais, deberíase fomentar o pluriculturalismo na aula así como a creación dun PEL. 

Podedes ver a miña presentación na seguinte ligazón: presentación. Espero que vos guste!

Boas festas a todos!

Comentarios

Publicacións populares