DIARIO - TEMA 6

Boas a todo o mundo!

 

Nesta entrada falarei dos contidos tratados nas sesións dedicadas ao tema 6 da materia, na que indagamos nos aspectos dunha programación didáctica, así como procedemos á súa análise e avaliación. 

 

As programacións didácticas forman parte do terceiro nivel de concreción curricular, e son elaborada polo Departamento da materia correspondente. Dentro de cada programación, diferéncianse diferentes fontes: didáctica, psicolóxica, epistemolóxica e sociolóxica. Estas fontes teñen que basearse na normativa vixente mais aplicarse a un centro concreto cunhas necesidades concretas, polo que poden ser moldeadas. As partes da programación non están establecidas na lexislación, polo que cada centro e departamento elabora a programación elixindo o esquema que considere mellor. Polo tanto, isto causa que non haxa unanimidade nas programacións didácticas dos diferentes centros.

Fonte: sapereaudehistoria.wordpress.com

 

Tamén tratamos a estrutura das programacións didácticas vixentes segundo a LOMCE e a LOE, tanto na Educación Secundaria Obrigatoria, como Bacharelato e Formación Profesional. A pesares da diferente estrutura que estas presentan, hai aspectos que sempre se manteñen en todas elas como os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, os mínimos esixibles, as medidas de atención á diversidade, as competencias traballadas, etc. Porén, despois de levar a cabo as tarefas na aula e como se desenvolverá máis polo miúdo na entrada de dosier, esta estrutura non sempre se segue e hai centros que elaboran programacións que non satisfán totalmente estes requisitos.  

 

Por último, para rematar os contidos teóricos do tema 6, fixemos un repaso sobre o proceso de oposicións: as súas principais características, os baremos e as rúbricas de avaliación. 

 

En xeral, este tema pareceume un dos máis importantes da materia, xa que nos proporcionou unha clara visión de como elaborar, analizar e desenmarañar unha programación didáctica, que será a base da ensinanza da nosa materia o día de mañá. Cómpre sinalar tamén a dificultade e traballo que leva consigo a elaboración deste tipo de programacións, mais ter acceso á rúbrica de avaliación e á lexislación vixente axúdanos a entender que se espera das nosas programacións.




Comentarios

  1. ¡Hola Ana!
    Me identifico totalmente con la foto final del post... así me sentía al ver cómo está organizado todo el proceso de las oposiciones, puesto que no conocía muy bien todas las pruebas.
    En cuanto al tema, a mí también me ha parecido uno de los más útiles e interesantes, especialmente para quienes estamos pensando en opositar; y el haber ido trabajando con documentos oficiales nos ayuda a empezar a interiorizar y conocer lo que en un futuro será la base de nuestra preparación para esta carrera de fondo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares