Diario - Tema 5

Boas a todas e a todos! 

 

Nesta entrada falarei dos contidos tratados no tema 5 da materia As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional, titulado O deseño curricular base para as linguas estranxeiras. Neste tema tratamos fundamentalmente o currículo, as competencias das diferentes administracións educativas, e o deseño curricular que presentan a LOE e a LOMCE.

 

En primeiro lugar, indagamos na definición de currículo e nos elementos deste na ESO e no Bacharelato (obxectivos, competencias, contidos, estándares de aprendizaxe, criterios de avaliación e metodoloxía didáctica). Penso que é de vital importancia para os docentes coñecer a fondo o currículo da materia que van impartir. Falamos tamén das competencias clave, que foron incorporadas por primeira vez no currículo na LOE, e que hoxe en día están tan presentes en todos os ámbitos da ensinanza, de acordo tamén coa regulación da Unión Europea. Estas pódense clasificar en:

  • Competencia en comunicación lingüística (CCL)
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT)
  • Competencia dixital (CD)
  • Competencia aprender a aprender (CAA)
  • Competencia social e cívica (CSC)
  • Competencia en sentido da iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)
  • Competencia en consciencia e expresións culturais (CCEC)





Aínda que o ideal é traballar tantas competencias como sexa posible nas actividades que se realicen na aula de linguas estranxeiras, a competencias nas que máis se afonda é, evidentemente, a competencia en comunicación lingüística (CCL), mais todas elas se poden tratar de diferente maneira na aula de lingua estranxeira. O ideal é poder organizar na aula actividades nas que se traballen todas elas, e o certo é que mesmo nunha actividade sinxela é posible que se inclúan máis de unha competencia. Por exemplo, nunha simple actividade de búsqueda de información para un traballo en inglés, xa estarían traballando, ademais da CLL, a CD e a CAA.

 

Algo que me pareceu especialmente útil e que descoñecía máis do que pensaba son os roles que desempeñan as diferentes administracións educativa nos diferentes graos de concreción curricular. Tanto o Goberno do Estado como o Ministerio de Educación e o Goberno Autónomo, a pesares de formar parte do primeiro grao de concreción curricular, encárganse de determinar diferentes partes do currículo. Isto pode resultar especialmente útil para saber a onde acudir en caso de dúbida. 

 

Finalmente, adentrámonos no deseño curricular da LOE e da LOMCE para a Educación Secundaria Obrigatoria, o Bacharelato, a Formación Profesional e as Escolas de Idiomas. En canto a esta última, resultoume curioso saber que en España existe ensinanza regrada de idiomas que nos poden resultar «pouco comúns», como o coreano e o neerlandés. En canto a isto, gustaríame dicir de maneira anecdótica que eu fixen unha estancia Erasmus en Zadar (Croacia), e na universidade de humanidades na que estudaba, impartían galego e catalán como linguas complementarias (mais obrigatorias para obter a carreira) no grao de Filoloxía Hispánica. Nunca imaxinei que acabaría falando con alumnos e alumnas croatas sobre cantigas de amigo. Sen dúbida, coñecer estes dous idiomas cooficiais axudaralles enormemente ao seu desenvolvemento cultural en español.

Comentarios

  1. Ola, Ana!

    Felicidades pola entrada, resultoume moi amena.

    Con respecto ás competencias clave, sen dúbida, a que máis me custa integrar cando tivemos que deseñar actividades é a matemática. Ao mesmo tempo, traballar con ela supón un reto interesante, porque te decatas de diferentes situacións reais nas que empregamos a lóxica matemática sen darnos conta. En fin, ás veces resúltame difícil pensar que hai "vida" máis aló das competencias lingüística e social na aula de inglés, cando sucede todo o contrario.

    Por outra banda, que interesante o que comentas sobre a túa estancia en Croacia. Aínda que se trate de diferentes ensinos e niveis, oxalá o galego, eúscaro e catalán ofertásense como materias optativas en Secundaria tamén.

    Feliz ano novo!
    María
    P.D Perdoa os posibles erros, o meu galego está moi verde aínda!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares